ConcellosÚltima hora

UNICEF recoñece a Verín no certame de Boas Prácticas

O Concello ourensán recibe o selo de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014
Xurado  do recoñecemento  Cidades Amigas da Infancia 2014-2018.
Xurado do recoñecemento Cidades Amigas da Infancia 2014-2018.

Un total de 56 cidades e pobos de toda España reciben por primeira vez o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia (CAI). En total, dende o comezo do programa hai 12 anos, son 119 municipios os que contan con este selo, que debe ser renovado cada catro anos. Nesta ocasión, ademáis dos novos títulos, renovouse os concedidos en edicións anteriores a 30 localidades.

Ademais, nesta ocasión tamén se concederon 36 distincións do VII Certame de Boas Prácticas, un concurso no que se premian proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e a adolescencia, levadas a cabo por gobernos locais e outras entidades públicas e privadas. En Galicia foron dous os municipios que recibiron o reconocimiento de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014: Verín (Ourense) polo proxecto Kero Kolo polo dereito a un entorno familiar adecuado, e Tomiño (Pontevedra).

O xurado, formado por UNICEF Comité Español, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a Federación Española de Municipios e Provincias e o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia, facía público o seu fallo na tarde do 17 de outubro sobre este selo que recoñece o traballo dos concellos polos dereitos dos nenos.

Artigos relacionados

Back to top button