En torno aos 300 ciclistas participarán do 6 ao 9 de abril nunha nova edición da Challenge ‘Os 4 días de Ourense’, unha proba organizada pola Fundación ADO Moure e a Deputación de Ourense, coa colaboración da Xunta.
A proba constará de 4 etapas cun percorrido medio de 70 quilómetros, partindo diariamente de Baños de Molgas e atravesando tamén os concellos de Maceda, Vilar de Barrio, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Taboadela.
Segundo estima a organización da Challenge ‘Os 4 días de Ourense’, dos 300 ciclistas inscritos nas sete categorías en modalidade masculina e feminina participarán, de media, uns 150 en cada unha das catro etapas.