OurenseÚltima hora

Uns 800 ciclistas participarán nesta Semana Santa na ‘Challenge Os 4 días de Ourense’

O desafío, que se celebrará do 14 ao 17 de abril, sairá cada xornada da estación de Baños de Molgas e terá un percorrido medio de 70 quilómetros

Presentación da proba ciclista ourensá.

 

Ao redor de 800 deportistas, segundo cálculos da organización, participarán do 14 ao 17 de abril nunha nova edición da Challenge Os catro días de Ourense. Turismo Deportivo, o desafío ciclista que regresa ás estradas da provincia despois de dous anos de ausencia. Unha proba única a nivel nacional pola súa duración e na que está prevista a presenza de equipos sénior e máster do noroeste de España e do norte de Portugal.

Cada unha das catro probas, coa participación de ciclistas de ata dez categorías nas modalidades feminina e masculina, sairá da estación de Baños de Molgas e terá un percorrido medio de 70 quilómetros, atravesando tamén os municipios de Ourense, Maceda, Vilar de Barrio, Paderne, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Taboadela.

Logo de dous anos de ausencia como consecuencia da pandemia a organización constata que “hai interese por volver a participar na proba polo ritmo nas inscricións”, agardando contar cunha media de 200 ciclistas en cada día de competición.

Artigos relacionados

Back to top button