ConcellosEn portadaÚltima hora

Valdeorras sitúase en 393 casos activos, 4 máis que onte

Publicidade
Imaxe do Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Lixeira repunta nas cifras totais de casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra neste 3 de febreiro un total de 393 contaxios activos, o que supón 4 máis que onte, segundo as cifras feitas públicas pola Consellería de Sanidade (actualizadas ás 18h. de onte).

A situación é diferente segundo os municipios. Así, soben os positivos no Barco con 258 (6 máis que onte), na Rúa con 57 positivos (4 máis que onte) e en Rubiá con 21 (1 máis que onte). En cambio, baixan os casos en Petín con 7 (1 menos que onte), na Veiga con 13 (3 menos que onte) e en Vilamartín con 17 (3 menos que onte).

As cifras de casos activos mantéñense igual que onte no Bolo con 1 positivo, en Carballeda con 15 positivos e en Larouco con 4 positivos.

Artigos relacionados

Back to top button