ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín suspende as actividades deportivas e culturais polo aumento de casos de Covid

Entrada ao pavillón polideportivo de Vilamartín./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dado incremento de positivos de coronavirus en Vilamartín, cun total de 14 casos activos, o Concello vén de anunciar que suspende todas as actividades culturais e deportivas nas instalacións municipais. “Ante o aumento de casos o Concello suspende todas as actividades deportivas e lúdicas que se celebraban en instalacións municipais. Todos estes locais quedarán pechados ata nova orde”, tal e como sinala esta administración local nun comunicado que vén de difundir nas redes sociais.

Ademais solicítase “a máxima colaboración de todos os veciños” e lémbrase que “non se poden facer reunións de máis de 10 persoas ademais de respectar as distancias de seguridade e o uso obrigatorio de máscara nos espazos públicos tanto de exterior como no interior”. Ademais o Concello pide a todos os veciños “aumentar as medidas de seguridade e limitar o seu contacto con outras persoas que non sexan convivintes. Temos que estremar a precaución para poder sair adiante desta pandemia”.

Artigos relacionados

Back to top button