Dende o Concello de Vilariño de Conso vén de anunciarse a nova apertura dunha Casa do Maior, situada na rúa Toural número 1. A súa inauguración está prevista para o 15 de decembro ás 17h.”É un servizo gratuíto de atención diurna, financiado pola Xunta de Galicia para persoas maiores de 60 anos ás que se lle asegura un coidado e atención personalizada”, tal e como sinala a alcaldesa de Vilariño, Melisa Macía.
Os servizos que presta esta Casa son os de atención diurna onde prima o acompañamento, actividades de envellecemento activo, estimulación cognitiva e memoria e actividades personalizadas e servizo de manutención.
Os requisitos para poder acceder a esta Casa do Maior son os seguintes: ser persoas de mairoes de 60 anos (sen dependencia ou con Grao II ou II de dependencia), estar empadroados no municipio de Vilariño de Conso e solicitar praza en Servizos Sociais.
A Casa do Maior permanecerá aberta todo o ano, salvo festivos e vacacións e funcionará de luns a venres en horario flexible, dende as 9h. ata as 17h., segundo informa o Concello.