En portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Viloira (O Barco) honra a San Martiño

 

A parroquia de Viloira (O Barco) honra neste sábado 11 de novembro ao seu patrón, San Martiño. O son das campás da súa igrexa chamaba á festa na mañá deste 11 de novembro. A imaxe deste santo saía en procesión arredor das doce menos cuarto, portada por catro veciños, e seguida do párroco Javier Calvo, da música de varios membros de Abertal e de numerosos fieis.

 

 

Tras chegar ata a metade da praza Otero Pedrayo, a procesión xiraba, para iniciar o camiño de volta á igrexa, onde se celebraba a eucaristía.

Pola tarde, está previsto que a praza de Viloira acolla, a partir das 19h., o seu tradicional Magosto, neste caso promovido dende o Concello do Barco.

Fotos: A.R.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button