EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

Visita ao sector valdeorrés da lousa do Centro Integral de FP de Someso (A Coruña)

Enmárcase na liña de acción do Clúster da Pizarra de Galicia de abrirse á sociedade para dar a coñecer e poñer en valor a relevancia dun ámbito de actividade esencial dentro da economía galega

 

Membros da comunidade educativa do Centro Integral de Formación Profesional Someso da Coruña veñen de coñecer in situ as singularidades do proceso produtivo da lousa. Un grupo de oito profesores e 40 alumnos de diferentes ciclos formativos relacionados coa construción, a edificación, a obra civil ou as reformas, entre outros, deste centro coruñés visitaba esta mañá a sede do Clúster da Pizarra de Galicia, onde o seu xerente, Severino González, lles daba a benvida e detallaba pormenorizadamente as peculiaridades do proceso produtivo da lousa, un ámbito de actividade que ten o seu epicentro en Valdeorras dentro de Galicia.

Posteriormente, o grupo achegábase ata unha nave da empresa Los Tres Cuñados, en Casaio (Carballeda de Valdeorras). Tras esta visita, o programa prosegue con de unha comida de confraternización en Fonte da Cova, antes finalizar o percorrido desprazándose ata unha canteira de Pizarras Vazfer.

 

 

A ruta proposta, con paradas no Clúster, nunha nave e nunha canteira tiña como obxectivo “dar a coñecer, aos membros da comunidade educativa deste centro de formación profesional, a cadea de valor da lousa a través dun proceso que inclúe extracción, corte e dimensionado de bloques, labrado e recorte, selección e embalaxe para a súa posterior comercialización”, tal e como indican dende o sector.

A visita enmárcase dentro da liña de acción do Clúster da Pizarra de Galicia de abrirse á sociedade para dar a coñecer e poñer en valor a relevancia dun ámbito de actividade esencial dentro da economía galega.

Artigos relacionados

Back to top button