ConcellosO BarcoÚltima hora

Volven as obras ao Malecón do Barco e a modificación do tráfico na zona

Publicidade

 

Volven as obras ao Paseo do Malecón, á zona situada fronte á pasarela que vai ao Salgueiral, o martes 4 de outubro. Por este motivo, segundo adianta a Policía Local, cortarase a estrada novamente ao tráfico e haberá temporalmente cambios de dirección na cercana rúa Academia Dequidt, para que a veciñanza poida utilizar os garaxes e os establecementos comerciais da zona sen problemas.

Así, por exemplo, para poder acceder a servizos como a Notaría, os condutores terían que entrar pola rúa da Estación e saír pola rúa Irmáns Dequidt a Pérez Lista. Estará todo sinalizado e afectará ao martes.

Artigos relacionados

Back to top button