CulturaEducaciónOurenseÚltima hora

Xornada de convivencia entre xeracións, en Ourense

Máis de 200 persoas participaron o 10 de abril en Ourense na XI Xornada Interxenaracional celebrada na cidade

xuntanzainterxeracional

xuntanzainterxeracional2

A praza Maior, primeiro e despois o casco vello de Ourense e o Campus universitario foron converténdose ao longo da xornada do xoves 10 de abril en escenarios da XI Xornada Interxeracional, promovida polos alumnos (todos eles de entre 55 e 92 anos) das Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal) e polos das Facultades de Traballo Social e Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense. Nela participaron ademáis o colexio Salesianos, ADO, ESTOU e AUCE. En total esta iniciativa congregaba a a máis de 200 personas maiores, cativos e xente nova.

Este proxecto, con once anos xa de traxectoria, xurdía, segundo a coordinadora de Ategal en Ourense, Marisa Justo, “despois de representar unha obra de teatro dun dos nosos grupos de alumnos de Ategal na Universidade”. Alí, “vendo a gran interactividade que tivemos coa xente xoven” continúa, “plantexáronnos facer algún tipo de encontro o que empezou de xeito humilde, medrou moitísimo e agora conta con gran apoio” ata chegar a o once aniversario en 2014 cumprindo, con creces, os obxectivos que marcaran o inicio: “a recuperación de xogos tradicionais, integrar a Universidade na vida da cidade e viceversa, pero sobre todo, fomentar o aprendizaxe persoal, a motivación para vivir de xeito activo e positivo e potenciar as relacións interxenaracionais, demostrando ante todo os seus beneficios individuais -tanto para a xente maior como a xuventude- colectivos e sociais”.

Nesta edición o encontro abríase con cancións, esloganes berrados e cunha foto de grupo nas escaleiras de Santa María, na Praza Maior. Moitos dos participantes estaban disfrazados de época, para darlle ambiente ao xogo no que participaron despois: “A Esmorga Interxeneracional”, onde todos os presentes, divididos en grupos de distintas xeracións, utilizaban as prazas que describe a novela homónima de Eduardo Blanco Amor para organizar distintos xogos populares.

Pola tarde, no Campus Universitario Facultade Ferro celebranse varias actividades, abertas a todo o público de xeito gratuito, coma xogos tradicionais, unha actuación de maxia, un show de lume, baile tradicional, unha merenda solidaria amenizada por pandereiteiras e un concerto dun grupo musical local.

Fotos: cedidas pola organización da Xornada Interxeracional

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button