DeportesÚltima hora

Xornada de tecnificación do voleibol galego, en Quiroga

 

Arranca unha nova tempada de voleibol e con ela a primeira das xornadas de tecnificación propostas pola Federación Galega de Voleibol, celebradas o pasado 1 de novembro no Pavillón Municipal de Quiroga (categoría feminina) e no Pavillón Alonso Rodríguez de Noia (categoría masculina).

No caso de Quiroga e baixo a dirección do seleccinador galego, Juan Carlos Suárez, un numeroso grupo de rapazas adestraron durante a xornada festiva en diferentes quendas. As infantís facíano de 10 a 12 e de 16 a 18, mentres que ás cadetes tocáballes de 12 a 14 e de 18 a 20 horas.

 

 

As Xornadas de Desenvolvemento e Formación están englobadas no Plan 20-25 da Real Federación de Voleibol como “un paso para o seguimento dos nosos/as deportistas no seu período de iniciación, sempre baixo indicacións de técnicos especialistas que buscarán a mellora dos máis pequenos no ámbito tanto técnico coma táctico”.

Esta e outras xornadas de supervisión e control realízanse no pavillón municipal de Quiroga ao aveiro do convenio de colaboración entre o Concello e Federación Galega, renovado este ano por unha tempada máis.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button