Concellos

Xunta e Concello colaboran para ampliar a apertura da residencia de tempo libre do Carballiño

A administración local ocuparase de promocionar as instalacións e o goberno autonómico xestionará a reserva de prazas
O alcalde firmou o acordo co conselleiro hoxe, no Carballiño.
O alcalde firmou o acordo co conselleiro hoxe, no Carballiño.

O alcalde do Concello do Carballiño, Francisco José Fumega, reuniuse hoxe co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para asinar un convenio de colaboración de cara a promoción da Residencia de Tempo Libre que o goberno autonómico ten na vila. O obxectivo é impulsar o uso e aumentar os tempos de apertura desta instalación, que acada os seus maiores niveis de funcionamento na tempada estival -dende xullo ata mediados de setembro-, así como nos períodos de vacacións de Semana Santa e Nadal.

O ente local ocuparase do material de promoción e de divulgar información sobre este equipamento entre asociacións, colectivos e entidades de interese, ás que lles fará extensiva a súa programación de actividades de lecer. Pola outra banda, a administración autonómica encargarase da xestión da reserva de prazas.

Artigos relacionados

Back to top button