CulturaCulturaÚltima hora

A lenda da Torre de Quitapesares (Pantón) faise banda deseñada

Nesta proposta divulgativa, promovida pola Asociación Segredos de Pantón, contouse co debuxante El Fisgón Histórico

Hai moito tempo atrás, unha raíña de España buscaba desesperada ao seu fillo. E atopábao na aldea de Vilamirón (Pantón, Lugo). Entón nese mesmo lugar mandou edificar unha torre á que denominou “Torre de Quitapesares” como xesto polo alivio que sentiu ao dar co seu neno.

Mentres pescudaban sobre a historia desta torre, os membros da Asociación Segredos de Pantón escoitábanlle esta historia sobre a atalaia a un veciño. Un relato que agora, coa axuda do recoñecido debuxante El Fisgón Histórico (Juan de Aragón), veñen de converter en cómic para transmitila e compartila coas novas xeracións.

De feito, a súa intención de cara ao comezo do vindeiro curso escolar é traballar con este cómic cos máis pequenos e tamén cos adultos a través de diversas iniciativas.

O cómic pode descargarse no seguinte enderezo:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Torre_de_Quitapesares

Artigos relacionados

Back to top button