A RúaConcellosÚltima hora

A Asociación Sabugueiro pon á venda as entradas para a XVIII Festa do Magosto na Rúa Vella

Será o 21 de outubro a partir das 20:30 horas na praza do Arroyo

Asistentes á anterior edición da festa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano máis, coa chegada do mes de outubro a Asociación Sabugueiro prepara o seu particular magosto, unha cita especialmente destacada na Rúa Vella. Tralo éxito da pasada edición que reunía a unhas 400 persoas, están xa á venda as entradas para a XVIII Festa do Magosto prevista para o 21 de outubro a partir das 20:30 horas na praza do Arroyo. “Se chove faríase no Atrio”, din dende a organización, igual que fixeran o ano pasado baixo unha carpa.

O prezo da entrada mantense nos 10 euros, así com o menú que constará de bolo preñado, pizza, biscoito, bullotes, auga e viño. Os puntos de venda son: Peluquería Esencia, O Colmado, A Cervecería, Artesanos Peyma e Mapfre.

 

Artigos relacionados

Back to top button