EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei participará na II Festa da Vendima da vila de Monterrei

Esta celebración terá lugar o vindeiro sábado 14 de outubro

 

A Denominación de Orixe Monterrei estará presente na II Festa da Vendima da vila de Monterrei, que terá lugar este sábado 14 de outubro nas inmediacións do Castelo de Monterrei. O Consello Regulador contará cunha caseta propia nesta celebración, na que ofrecerá información da denominación, características edafoclimáticas, variedades de uva ou peculiaridades de os brancos e tintos, entre outras cuestións.

Ademais, as persoas que se acheguen a este espazo promocional tamén poderán degustar os viños da denominación. As adegas que forman parte desta iniciativa son: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara) Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).

 

Artigos relacionados

Back to top button