En portadaÚltima hora

A VI Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín pecha inscricións con 937 persoas anotadas

As inscricións de última hora estarán habilitadas só o domingo día 29 unha hora antes da saída

Imaxe da pasada edición da carreira./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Veñen de pecharse as inscricións da VI Andaina e Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas en Vilamartín. Así, o 24 de outubro finalizaban as inscricións online con 780 persoas anotadas, ás que se suman as inscricións realizadas nos establecementos de diversos puntos da comarca, dando un total de 937 inscritos, segundo informa a organización desta cita.

“O próximo paso é recollida de dorsais no pavillón municipal de Vilamartín o sábado 28 de outubro de 16:00 horas a 20:00 horas”, adiantan as promotoras, engadindo ademais que as inscricións de última hora estarán habilitadas só o domingo 29 unha hora antes da salida (prevista para as 10h). Deste xeito podería superarse claramente o milleiro de participantes.

Esta iniciativa deportiva e solidaria está promovida por ACAPAVAL (Asociación Valdeorresa de Cancro de Páncreas) e nesta edición desenvólvese baixo o lema “Corre! Hai moito que gañar “porque somos moitos os que gañamos con esta carreira: pacientes que esperan avances nos tratamentos, diagnóstico e calidade de vida; os investigadores, que necesitan máis fondos para poder avanzar; os médicos, facilitar tratamentos máis eficaces; amigos e familiares, incrementar a esperanza de vida dos seus seres queridos e un longo etcétera”, din dende a organización desta iniciativa, que se celebra cada no marco da conmemoración do Día Mundial do Cancro de Páncreas (o 16 de novembro).

Artigos relacionados

Back to top button