
A Asociación Sabugueiro prepara un ano máis o seu particular magosto, unha cita especialmente destacada na Rúa Vella. Así a XIX Festa do Magosto celebrarase nesta ocasión o 26 de outubro a partir das 20:30 horas na praza do Arroio. “Se chove faríase no Atrio”, din dende a organización, igual que fixeran o ano pasado baixo unha carpa.
O prezo da entrada redúcese a 8 euros, cun menú que constará de bolo preñado, bica, castaña asada, auga e viño. Os puntos de venda son: Peluquería Esencia, Tenda O Colmado, A Cervecería, Artesanos Peyma e Mapfre.
Coma sempre haberá sorteo de lotes de produtos e “festa rachada conn Dj Pimen”.




