ConcellosEn portadaÚltima horaViana do Bolo

A Xunta vén de conceder o pase a concesión da sección C da mina de Penouta (Viana) por 30 anos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión con directivos desta compañía que presentaron o proxecto de sustentabilidade enerxética que prevén desenvolver en Viana do Bolo

 

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, avaliou esta semana con directivos de Strategic Minerals o “impacto positivo que o pase a concesión de Mina Penouta (Viana do Bolo) pode ter nas cadeas de subministración de compoñentes tecnolóxicos”, segundo indica a Xunta, “de feito, o tantalio e o niobio están considerados elementos estratéxicos e o estaño é un mineral necesario para a transición enerxética pola súa escaseza e importantes propiedades na fabricación de compoñentes electrónicos para a automoción, así como para procesos químicos, instrumentos quirúrxicos ou mesmo implantes”.

A Xunta de Galicia vén de conceder o pase a concesión da sección C da mina de Penouta por 30 anos, o que se traducirá na creación de 75 empregos directos e un investimento de arredor de 40 millóns de euros.

Na reunión, a empresa presentou, ademais, o proxecto de sustentabilidade enerxética da mina que ten como obxectivo acadar o 100% do autoconsumo enerxético a través da xeración de electricidade grazas ao emprego de fontes renovables, como é o caso da fotovoltaica.

Para a Administración autonómica a minería trátase dun sector estratéxico -cómpre lembrar que arredor do 8% da produción mineira de España sae de Galicia-.

Artigos relacionados

Back to top button