Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Acto electoral do PP en Trives

Interviñan Marisol Díaz, cabeza de lista popular por Ourense, así como o número 3, José González, e o presidente provincial do PP, Manuel Baltar

 

O Pazo de San Lorenzo acollía na tarde deste domingo 28 de xuño un mitin do PP, que contaba coa presenza da número 1 da candidatura popular pola provincia de Ourense ás eleccións galegas do 12X, Marisol Díaz, así como do número 3, o conselleiro de Medio Rural, José González; do número 12 o valdeorrés Moisés Blanco, e do presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar.

 

 

Abría o acto Roberto González, concelleiro do PP de Trives Roberto González, quen agradecía “a man tendida que sempre tiveron para min na Deputación e na Delegación da Xunta”. Deseguido, tomaba a palabra Marisol Díaz, que xustificaba a convocatoria de eleccións o 12X porque “este era o momento máis seguro” e garantizaba a seguridade en todos os locais electorais. “Estamos nunha campaña moi diferente, que non é menos ilusionante, pero con maior responsabilidade porque a crise sanitaria que vimos de padecer deixou a moitas familias, a moitas pequenas empresas e autónomos nunha situación complicada e aí vai estar o goberno de Feijóo”.

Falou tamén da candidatura que encabeza, destacando que “formamos un equipo unido, responsable e preparado, que coñece a administración e o Parlamento galego e tamén a xestión local. Podemos presentar un balance e tamén novas propostas”.

Tras Marisol Díaz interviña José González, terceiro da lista, e finalmente, pechaba o acto o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen sinalba que “as entidades locais (concellos e deputación) coñecen a realidade do noso territorio, e somos quen de formular diante do goberno autonómico as propostas que precisamos para dar solucións ás nosas necesidades”.

 

 

Para o presidente provincial, os populares de Ourense “sabemos o verdadeiro significado de palabra cooperación, non só en tempos difíciles, e proba disto, por exemplo, e o compromiso alcanzado entre Xunta e Deputación para a construción do Centro Galego de Innovación da FP”. Un proxecto, engadiu, “pensado polo interese xeral de Ourense, polo beneficio que terá para o fomento do emprego e o tecido empresarial da provincia”.

O acto contaba coa asistencia dos alcaldes de Montederramo, Chandrexa de Queixa, A Teixeira e de Vilariño de Conso, así como coa de representantes do PP dos municipios da zona.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button