SanidadeÚltima hora

Afaor e La Caixa axudarán a persoas con alzheimer a desenvolver a súa autonomía

Publicidade
Esta iniciativa levarase a cabo no Ribeiro e farase grazas a un convenio asinado entre ambas as dúas entidades de 27.000 euros
Fernando Garza e Mariló Neira.

A Obra Social “La Caixa” concedeu unha axuda de 27.000 euros, dentro da súa convocatoria de Acción Social no ámbito rural, a un proxecto impulsado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (Afaor).

Grazas á colaboración prestada por “La Caixa”, Afaor vai levar a cabo un programa de obradoiros de promoción da autonomía para persoas co deterioro cognitivo na mancomunidade de concellos do Ribeiro.

Na mañá de hoxe, 6 de setembro, ambas entidades procederon á sinatura do acordo de colaboración na sede de La Caixa. En representación da entidade asistiu o seu director de área de Ourense, Fernando Garza. Por parte de Afaor, a presidenta Mariló Neira.

Garza destacou o “bo facer que caracteriza o traballo de Afaor” e quixo pór en valor a importancia do proxecto que levarán a cabo no Ribeiro. Segundo Garza “este proxecto foi deseñado tendo en conta as necesidades específicas dos enfermos de alzheimer que viven no rural”.

Artigos relacionados

Back to top button