En portadaÚltima hora

Alomenos tres casas arden no Castelo (Rubiá)

O tenente de alcalde de Rubiá critica a falta de medios para poder apagar o lume "as primeiras dotación chegaron ás oito da tarde"

 

Enfado, desesperación e malestar pola falta de medios para atallar o lume no Castelo (Rubiá). Dende primeira hora desta tarde, o tenente de alcalde de Rubiá e alcalde en funcións, Ignacio Doce, estaba illado na Casa do Pobo, “cuns 5 veciños da zona e unha parella da Garda Civil, sen recibir ningún tipo de axuda e coas chamas enriba”, tal e como el mesmo denuncia. “Leva ardendo dende as 14h., xa hai tres casas ardidas e aínda chegaron ás oito pasadas as dúas primeiras dotacións de bombeiros, nós non podiamos saír”, dicía Ignacio Doce.

 

 

“Evacuouse A Veiga, O Castelo e O Barrio. Os veciños están realoxados no pavillón e na residencia de Rubiá”, conta o tenente de alcalde.

As chamas entraban nesta localidade de Rubiá e queimaban alomenos, segundo informa Ignacio Doce, tres casas.

Ademais o tenente de alcalde de Rubiá, que continúa no Castelo, di que o municipio “arde por todos lados”. Neste momentos hai dúas motobombas no Castelo.

Vídeo:https://youtube.com/shorts/3yOoQoQfDlc?feature=share

Fotos cedidas.

 

Unha das casas do Castelo (Rubiá), ardendo.

 

Lume no concello de Rubiá.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button