CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Antonio Castro Voces presenta o seu libro sobre Quereño ‘un pobo singular’

O acto tiña lugar na Casa da Cultura desta localidade do concello de Rubiá ao que asistía numeroso público

 

Na tarde do 12 de agosto a Casa da Cultura de Quereño (Rubiá) quedábase pequena para acoller un fito histórico: a presentación dun libro sobre a historia da aldea escrito por un dos seus veciños máis querido, Antonio Castro Voces.

Tal como el mesmo explicou no acto ao que asistían numerosos veciños e amigos do historiador e autor da obra, o libro aborda a historia de Quereño dende os primeiros tempos ata a actualidade, destacando dous momentos trascendentes. “Un deles en 1883 coa chegada do ferrocarril e a construción da estación, que foi o que nos colocou no mapa e fomentou que xurdiran unha serie de familias de comerciantes, xente que tiña visión de futuro, como os Perniles, os Carameses, os de Regueiro…, que montaron aquí os seus negocios”, conta Antonio.

 

 

O outro momento clave na historia deste pobo prodúcese cara mediados do século XX, entre 1950 e 1954, coa instalación de Endesa para construír o encoro, a central e o canal. “Isto xerou un gran momento de xente, empregados da empresa que viñeron e se quedaron en Quereño ata o remate da obra. Despois marcharon coa empresa a facer a seguinte obra. Isto supuxo un gran incremento da poboación e do comercio para poder abastecer esa demanda. E así chegou a haber 3 ou 4 carnicerías, 2 pescaderías, zapaterías, xastrerías…”, sinala o autor que estivo moi ben acompañado.

Na mesa da presentación estaban tamén o investigador Isidro García Tato, natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) quen destacou a “actividade intelectual” na traxectoria de Castro Voces; Ana María Romero Yebra, mestra que viviu en Quereño e agora reside en Almería, escritora de literatura infantil e autora do prólogo, quen subraiou a súa “satisfacción” por ter participado neste proxecto literario; e o quereñés Suso Fernández Prieto quen reivindicou a figura de Castro Voces como un “exemplo de vida”, dixo.

Atento ás necesidades de Antonio estivo tamén o seu amigo José María Rodríguez.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button