O municipio de San Xoán de Río sufría onte ás 17h. un apagón que se prolongaba en varias localidades ata case as 11h. desta mañá, co conseguinte malestar entre a veciñanza.
“Ata cerca das 11h. seguían varios pobos sen electricidade. Na capitalidade e nas parroquias do leste e centro do concello estivemos máis de 5 horas sen luz e despois con cortes intermitentes. Volveu pasadas as dez da noite noite. En Río norte e oeste foron 9 horas sen luz, onde acabou volvendo ás 2 h. da madrugada e en Río sur 19 horas sen luz”, explica o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.