DeportesÚltima hora

O barquense Jesús Rodríguez imponse na LI Baixada do Eume

O Fluvial Barco conseguía outros dous podios da man do tamén senior Sergio Ruiz e dos veteranos Roberto Núñez e Miguel Anxo González
Jesús Rodríguez León, competindo en K-1 senior./ Foto: A.R.

Era a penúltima cita da competición galega de descenso de ríos, a antesala do Descenso do Sil, previsto para o 16 de setembro. E, novamente, o padexeiro barquense Jesús Rodríguez León vencía con rotundidade en K-1 senior na LI Baixada do Eume, o 2 de setembro en Pontedeume. Invertía un tempo de 00:41:47 en completar o percorrido de 12.000 m fronte aos 00:46:43 do segundo clasificado, José Ramón Estévez, do Club Náutico Pontecesures.

En terceira posición en K-1 senior quedaba ademais o tamén barquense Sergio Ruiz Paz. Nesta competición, na que participaban unhas nove persoas do Club Fluvial Barco, conseguíase outro triunfo en K-2 veteranos da man de Roberto Núñez e de Miguel Anxo González. Ademais o K-1 veterano de David Rodríguez clasificábase cuarto e o de Fernando García noveno.

Artigos relacionados

Back to top button