EconomíaEconomíaÚltima hora

Bieito Ledo, pregoeiro da Feira do Viño e Cereixas en Belesar

Bieito Ledo durante un acto./ Foto: O SIL.

 

Nesta fin de semana celébrase unha nova edición da Feira do Viño e Cereixas que no lugar de Belesar, situado entre os municipios lucense do Saviñao e Chantada. Os días 21 e 22 de Maio, haberá casetas para a degustación do viño da zona e as cereixas, e non faltará a boa música para amenizar a festa.

Os actos programados para a ocasión serán os seguintes:

Sábado 21, ás 10.00 horas terá lugar a apertura das casetas, dando paso, ás 11.30 horas á actuación o grupo de gaitas “Vos Barrios”.
Ás 12.00 horas será a quenda da actuación do grupo Nubeiro. Ás 13.00 horas tiña lugar a inauguración oficial da feira e a lectura do pregón a cargo de Bieito Ledo, escritor e
director da editorial Irindo. Tamén se fará entrega do galardón aos confrades do Bo Viño de Belesar.

Ás 14.00 horas comezará a sesión vermú a cargo do grupo Meritxell e ás 16.00 horas, actuación o grupo  Vos Barrios.

Domingo 22, ás 11.30 horas o grupo de gaitas Vos Barrios ofrecerá unha actuación e ás 13.00 horas sesión vermú a cargo do grupo Meritxell. Pola tarde, ás 17.00 horas, actuación do grupo Vos Barrios, dando paso, unha hora máis tarde, ao certame de Aturuxos. Para finalizar, ás 20.00 horas, verbena a cargo do grupo Meritxell.

 

Artigos relacionados

Back to top button