CulturaCulturaÚltima hora

Xulio Fontes expón en Chantada “Transfiguración da materia”

 

Un día de Feira en Chandada, o pintor de terras ourensás de Quintela de Leirado, Xulio Fontes, presentou na Casa de Cultura, a exposición  “Transfiguración da materia”, un conxunto de obras pictóricas nas que incorpora materiales de refugallo para transformalos en obras de arte, desde conchas de mexilóns, navallas, zamburiñas ou hueveras de cartóns que converte en ramos de rosas de cores.

Esa tarde no espazo expositivo o xornalista Alfonso Eyré, durante a presentación do acto refiriuse ao artista, manifestando ” Xulio segue a ser un neno, un neno que olla cara o mar de Vigo, e cando pecha os ollos, enxerga a Raia Seca, ve aos seus veciños, os que se foron, os que se quedaron, os que nunca esquece, mesmo estando esles mortos e el afastado”. O escritor de Rio Padroso, indicou aos asistentes a inauguración ” Non procuren a racionalidade na pintura de Xulio. A súa pintura está feita de emocións, pois as cargas emocionais incentivan a memoria e os sentimentos”.

 

 

Asimesmo o autor de “Memorias de unha vaca amarela”, entre outros libros, que coñece ben a obra e a vida do artista plástico residente na cidade olívica, mais que volve sempre que pode a aldea de Forxan, nas abas do Penagache dixo durante o acto que o artista ” teima en construir  un mundo propio, persoal e, ao mesmo tempo, transferibel. O seu mundo”.

Ata a Casa de Cultura, desprazaronse amigos e seguidores do artista de Quintela de Leirado, entre eles a etnografa, Mercedes Saavedra, procedente de terras luguesas de Sarria e mesmo Xosé Figueroa, do Pazo de Sabadelle, amante das artes plasticas, uns e outros rodeados da obra de Xulio Fontes igualmente disfrutaron da poesia de Paaco Ledo, bardo de Mariz, tamen convidado ao acto: Tronza a tesoira videira vella/ esmorece a cepa en carne viva/ enroscandose a folla no balado/ desterrando fumeira e fronciga.

Bolboreta  ornamental, Infancia infinita, A dona e o can, Robaliza, Perica, Outono, Viaxando polas  profundidades, Dona das cunchas  e mesmo Mencía, o  cadro que se reproduce no cartel, son obras para desfrutar durante todo e mes de  abril, na antiga morada dos Lemos, restaurada polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

Texto: Manuel Alfonso Estévez
Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button