SanidadeÚltima horaVídeos

Case 3.000 traballos no concurso escolar do Observatorio contra a Discriminación do Maior da área sanitaria ourensá

A calidade dos traballos recompensábase ampliando os diplomas e premios que se entregaban hoxe

 

O Hospital Universitario de Ourense acollía este xoves 15 de xuño un emotivo acto para a entrega de diplomas do concurso escolar promovido polo Observatorio contra a Discriminación do Maior da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, no que colaborou a xefatura territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia en Ourense, que tenta contribuír a desbotar entre o alumnado de educación primaria prexuízos e estereotipos sobre as persoas maiores, que afectan ao seu benestar e limitan os seus dereitos.

No acto, que coincidiu co ‘Día internacional contra o maltrato e o abuso na vellez’, premiaronse os traballos de alumnos e alumnas de educación primaria de 9 centros educativos da provincia de Ourense  ( CEIP Luís Vives, CEIP Curros Enríquez Ourense;  CEIP Josefinas Ourense; CEIP Vilar de Barrio; CEIP Maristas Ourense;  CEIP Santa Teresa de Jesús;  Rosalía de Castro Xinzo de Limia; CEIP Prácticas Ourense e  CEIP Divina Pastora Franciscanas;) e inaugurouse a exposición na planta cero do novo edifício de hospitalización.

A maioria dos alumnos acudiron acompañados dos protagonistas dos debuxos, seus avós e avoas.

Recibiron premio:

1.CPR Luis Vives
– Rosa Carballo Ferández (1º premio del 1º ciclo )

2.CEIP Curros Enriquez-Ourense
– Carlota Murias Rubien (2º premio del 1º ciclo)

3.CPR Josefinas Ourense
– María Rodriguez Carballo (3º premio del 1º ciclo)

4.CEIP Vilar de Barrio
– Lucía López Conde (4º premio del 1º ciclo)

5.CPR Maristas Ourense
– Roque Fernández Pérez (1º premio del 2º ciclo).
– Josete Freiria del Río (3º premio del 2º ciclo )
– Carla Caride González (4º premio del 3º ciclo)

6.CPR Santa Teresa de Jesús
– Adriana Rubín Salgado (2º premio del 2º ciclo )
– Salma Alexandre Morual Rossi (4º premio del 2º ciclo).

7.CEIP Rosalia de Castro-Xinzo
– Claudia Urones Cid (1º premio del 3º ciclo)

8.CEIP Prácticas Ourense
– Ariadne López Alonso (2º premio del 3º ciclo)

9. CPR Divina Pastora- Franciscanas
– Sergio González Parto (3º premio del 3º ciclo)

 

 

Os membros do xurado, integrantes do grupo de teatro afeccionado para maiores “Aturuxo”, xa colaboraron noutras ocasións en campañas de sensibilización contra o idadismo. A empresa ourensá de tecnoloxía “Miniprice” colaborou agasallando cunha tableta electrónica a cada un dos gañadores de cada categoría.

A semana que vén está previsto que se faga entrega dos premios nos distritos sanitarios do Barco e Verín en Valdeorras, con preto de 200 traballos presentados e que están xa expostos nos hospitais.

O idadismo

O idadismo refírese a discriminación implícita en prexulgar e estereotipar a unha persoa en función da súa idade e contribúe a percepción negativa da idade avanzada, invisibilizando  socialmente as persoas maiores, minusvalorando a súa autodeterminación, formación, capacidades e dereitos.
Unha de cada dúas persoas ten actitudes idadistas, segundo un informe das Nacións Unidas, que alerta sobre como esta discriminación, por razón de idade, pode empobrecer a súa saúde física e mental, ademais de reducir a súa calidade de vida.

Nesta liña, a Organización Mundial da Saúde (OMS) no seu recente informe mundial sobre idadismo, insta aos países e institucións a actuar e tomar medidas moi especialmente de tipo interxeneracional.

Con esta iniciativa a sanidade e a educación pública de Ourense adiántanse ao aplicar as recomendacións da OMS de actuar ante este problema, e introducen no debate escolar unha problemática aínda descoñecida por moitos, aproveitando o vinculo entre os netos e netas e os seus avós ou avoas.

Artigos relacionados

Back to top button