Un milleiro de persoas, en concreto, 980 sumábase na mañá deste domingo 29 de outubro á cita deportiva e solidaria da VI Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín. Dende primeira hora deste domingo o pavillón de Vilamartín, centro neurálxico da cita, era un continuo ir e vir de persoas, algunhas recollían os seus dorsais, outras inscribíanse nas derradeiras inscricións presenciais, mentres a organización ultimaba detalles.
A saída desta proba tiña lugar ás 10h. diante do pavillón municipal e facíase de forma conxunta nas tres modalidades: a andaina curta (6 km), a andaina longa (12 km) e a carreira (14 km).
Xusto antes de poñerse en marcha dúas especialistas da Unidade de Páncreas da área sanitaria ourensá agradecían a numerosa participaban e destacaban a importancia deste evento solidario cuxa redacación vai de xeito íntegro á investigación do cancro de páncreas.
Despois, primeiro os corredores e logo os andaríns, iniciaban o traxecto que percorre o municipio de Vilamartín. Unha vez finalizadas as probas, os participantes poderán desfrutar dunha petiscada no pavillón de deportes vilamartinés.
No operativo desta proba, organizada por Acapaval (Asociación contra o Cancro de Páncreas de Valdeorras), cóntase coa colaboración das agrupacións de Protección Civil de Vilamartín, A Rúa e Petín.
Fotos: Carlos G. Hervella.
En breve ampliarase información e galería fotográfica.
A VI Andaina e Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín, en vídeos
A VI Andaina e Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín, en imaxes