EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata de viños e películas promovida pola Ruta do Viño de Valdeorras, o 3 de agosto

 

Valdeorras é terra de viños pero tamén de películas e por iso dende a Ruta do Viño de Valdeorras propuxemos a dúas profesionais da comarca e socias da Ruta, a enóloga Cecilia fernández e a realizadora Cristina de la Torre, que prepararan unha cata combinada destas dúas disciplinas. A actividade realizarase o próximo xoves 3 de agosto ás 21 horas na praza da Torre do Castro, no Barco de Valdeorras.

A actividade, cun custe de 10€, ten un aforo máximo de 30 persoas e organízase coa axuda da Deputación de Ourense e a colaboración do Concello do Barco. Para inscribirse é necesario encher o formulario dispoñible na páxina web da asociación (rutadelvinovaldeorras.com).

Artigos relacionados

Back to top button