CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Concerto de panxoliñas no Barco co Orfeón Valdeorrés, os nenos da catequese e os coros de San Mauro e Santa Rita

 

Tras a misa e a lectura do pregón do Nadal na parroquia do Barco, a cargo de José Ramón Mansilla, a igrexa de Santa Rita acollía un concerto de panxoliñas organizado dende a parroquia, no que cada unha das agrupacións participantes interpretaba dúas panxoliñas. Os primeiros en actuar eran os máis pequenos, os nenos de catequese dirixidos polo párroco do Barco, Jesús Álvarez.

 

 

Deseguido cantaban o Coro de San Mauro, o Coro de Santa Rita e, finalmente, pechaba a actuación o Orfeón Valdeorrés, baixo a dirección de José Ramón Mansilla, que ao presentar unha das pezas facía ilusión a Lolita Viso, antiga integramente desta formación e que actualmente canta no Coro de San Mauro. Comentaba como o texto desa canción foi escrito por ela e que foi durante a etapa da pandemia cando el lle puxo música, un traballo que compartían esta tarde no concerto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button