CulturaCulturaÚltima hora

Congreso internacional de patrimonio cultural e natural, en Trives e Río o 10 e o 11 de novembro

Toque de campá./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Rede Internacional de Pobos para a Aprendizaxe (LVIN en inglés) financiada pola Comisión Europea elexíu as Terras de Trives para a realización dun congreso internacional que prevé reunir a ducias de expertos de toda Europa en distintos campos culturais. “Ademais retransmitiranse en directo as conferencias para o seguimento por parte do resto de expertos na materia e público en xeral levando o nome dos nosos pobos, A Pobra de Trives e San Xoán de Río, por todo o mundo. Ademáis contaremos cun sistema de traducción simultánea a español e inglés para todos os asistentes para que os idiomas non sexan unha barreira”, explican dende estes dous concellos.

O congreso comezará o venres 10 de novembro as 17 horas na Casa da Cultura de Trives xuntando os maiores expertos mundiales no toque de campás. A sesión comezará coa presentación da Rede Internacional de Pobos para a Aprendizaxe, o proxecto europeo LVIN-C e este congreso internacional por parte de membros de AHAS (Asociación de Historia e Arqueoloxía de Sabrosa en Portugal), da Universidade de Extremadura e das autoridades locais. A partir deste momento tomarán a palabra para expoñer as súas conferencias expertos no tema chegados do Reino Unido, Portugal, Estremadura ou Comunidade Valenciana entre outros. Destas conferencias a Comisión Europea elaborará un libro que será utilizado como referencia a nivel europeo nesta temática.

 

 

O sábado, será o día mais intenso. As conferencias comezarán as 9:30 da mañán. Primeiro presentarase un traballo sobre arqueoloxía e patrimonio en Croacia, despóis arqueólogos portugueses falarán da Espada de Mouruás (San Xoán de Río), que tras viaxar a Alemaña para investigar esta espada e presentar os seus primeiros resultados en Bruxelas contarannos a conexión entre a Ribeira Sacra e o Val do río Rin en Alemaña. A continuación poderá coñecerse o proxecto de dixitalización da auga no Alto Douro Viñateiro (zona de viticultura heroíca en Portugal). As seguintes conferencias serán sobre os arquivos, a súa dixitalización e posta en valor para o desenvolvemento rural. Acto seguido os expertos europeos descubrirán o rescate e revitalización das viñas que está facendo a Adega A Corga de Trives. Investigadores da Universidade de Vigo do Proxecto Europeo Granular tamén presentarán o seu Living Lab e antes do parón para xantar, trataranse os temas de compostaxe e cosmética natural.

O sábado pola tarde, o grupo de campaneiros de Estremadura e o valenciano Francesc Llop realizarán un taller de toque de campás “para intentar que as novas xeracións aprendan este oficio que está en vías de desaparición e que a declaración por parte da UNESCO de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade do toque manual de campás poda revertir esta situación”, din dende a organización. Por último, os asistentes descubrirán un dos grandes eventos culturais da nosa zona, o Magosto. Xente chegada de distintos sitios de Europa disfrutará en vivo do Magosto de Trives e descubrirán este evento tradicional entorno á castaña neste día de San Martiño.

“Dende os concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río animamos a toda a veciñanza da zona a asistir a este congreso e poder desfrutar dun evento destas características que fará que todos os expertos do tema, estén pendentes do que ocurre nos nosos concellos durante estos dous días”, aseguran dende estas administracións locais.

 

Artigos relacionados

Back to top button