Un xoves máis, na mañá deste 25 de abril un grupo de funcionarios do Concello do Barco de Valdeorras, a maioría policías municipais, concentrábanse diante da Casa Consistorial para reclamar “unha negociación xusta da RPT”.
Aseguran que o que buscan é “continuar coa negociación e que se lle dé unha volta ao documento que se nos trasladou porque consideramos que non é acertado”, explicaba o responsable de Administración Local do SCIF na provincia de Ourense, Eduardo José González.
Fotos de vídeo: Mónica G. Bellver.