OurenseÚltima hora

Encontro coa prensa de directores de filmes en competición no OUFF

Camilo Cavalcante, Alexandre Powelz e o actor Nabil Asli conversaban cos xornalistas sobre as súas longametraxes no festival ourensán
Rolda de prensa dos directores de "A história da eternidade" e de "Ohne dich" e dun dos actores de "Le preuve"./ Foto: Daniel Gallego.
Rolda de prensa dos directores de “A história da eternidade” e de “Ohne dich” e dun dos actores de “Le preuve”./ Foto: Daniel Gallego.

“A história da eternidade”, “Ohne dich” e “Le preuve” son tres das películas que competirán na sección oficial do 19 Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Sobre elas falaban nun encontro cos medios de comunicación na mañá do 17 de novembro os directores de dúas delas e un actor da restante.

Así, Camilo Cavalcante, director do filme brasileño “A história da eternidade”, aludía á falta de amor, de desexos e de soños, como principais liñas arredor das cales se desenvolve o seu filme. A história da eternidade é unha metáfora da alma humana, na que as relacións aparecen de forma franca e directa. Esta traxedia está protagonizada por tres mulleres de diferentes idades con conceptos de vida limitados. Segundo explicaba Cavalcante, decidía facer esta longametraxe con protagonistas femininas “pola violencia que a sociedade brasileña amosa todavía contra elas”. Ademais, aseguraba que na súa opinión “son elas as que teñen a iniciativa para o amor e as que teñen a decisión para abrir e pechar as portas para o home na sociedade brasileña”.

Tamén as figuras femininas están incluídas na trama argumental nos outros dous filmes abordados na rolda de prensa. No referente ao traballo alemán “Ohne dich”, o seu director, Alexandre Powelz, comentaba que tivo moi claro dende o principio que quería facer unha película que falase de mulleres porque “elas sempre teñen miles de recursos para saír dunha situación complicada, a diferencia dos homes que se conforman coa solución máis sinxela”. Mencionaba asemade como “en Alemaña, dende fóra tedes a opinión de que somos sociedade moi aberta e igualitaria pero alí, entre homes e mulleres, son elas as que teñen que escoller entre adicarse á vida familiar ou á vida laboral. Moitas retrásano constantemente por presións sociais e e esa é a causa de que asociedade alemana esté avellentada.”

Finalmente, Nabil Asli, actor da película “La preuve” (coprodución de Alxeria, Francia, Emiratos Árabes), contaba que o leit motiv do filme, a esterilidade masculina, é un tema que en Alxeria non se pode tratar sen tapuxos na rúa proque “non se fala dun xeito aberto de non ter fillos, soamente o fai en privado a xente que se atopa nesa situación”. É unha película “moi humana na que se reflicte como as personas poden chegar a sentirse soas en determinados momentos a pesares de estar rodeadas de xente”.

Ademais, cada un dos participantes nesta encontro poñía de manifesto as dificultades que existen na actualidade en cada un dos seus países de procedencia para poder levar adiante proxectos cinematográficos.
Difucultades actuais para facer cine

Artigos relacionados

Back to top button