Galerías de fotosÚltima hora

“Espantallos”, manualidades e contacontos na Biblioteca de Verín

Arredor dos espantallos, da melancolía e da amizade xiraba a actividade de manualidades e contacontos que se desenvolvía na tarde do 14 de outubro na Biblioteca Municipal de Verín. Levaba por título “Espantallos” e nela participaban unha vintena de nenos/as de entre os 3 e 9 anos e socios desta instalación cultural.

Ademais realizábase unha manualidade consistente en elaborar un espantallo, feito con cartulina e palla. A actividade ten sido coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Esta proposta está enmarcada na programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button