CD VianaDeportesFútbolÚltima hora

Este sábado, 24 de setembro, volve o fútbol base ás Carrelas, en Viana do Bolo

Os cadetes do CD Viana estrearanse na liga provincial contra o Ourense CF SAD B a partir das cinco da tarde

Os cadetes do CD Viana na presentación das Escolas Deportivas Municipais o ano pasado./ Foto cedida.

 

En Viana están de noraboa. Tras máis de 40 anos sen fútbol base, nesta tempada 2022/2023 contan cun equipo cadete de fútbol que competirá na liga provincial.

As Escolas Deportivas Municipais do Concello Viana do Bolo, coordinadas por Pinchacarneria e coa colaboración do CD Viana, poñíanse oficialmente en marcha o ano pasado, contando cun cento de rapaces e rapazas organizados por idades e tamén por actividade deportiva (predeporte, baloncesto, patinaxe e danza e fútbol) chegando ao seu cumio coa representación en liga dun dos seus equipos.

Trátase do CD Viana cadete que se estreará na competición este sábado, 24 de setembro, cun partido no campo das Carrelas ante o Ourense CF SAD B que comezará ás 17 horas.

As escolas comezarán en outubro.

 

Artigos relacionados

Back to top button