Unha persoa resultaba ferida esta tarde ao caer dunha árbore en Rubiá. “O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi quen, ao fío das 17:00 horas desta tarde, contactou co 112 Galicia para solicitar axuda na evacuación dun home que se precipitara dende unha árbore en Rubiá, ao pasar o cemiterio, moi preto da capela. Indicaban que unha ambulancia co equipo médico xa se dirixía tamén cara o lugar”, segundo informa o 112 Galicia.
Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse aos bombeiros do GES Valdeorras, aos bombeiros do parque comarcal e á Garda Civil. Tamén se desprazaba ata o lugar un helicóptero medicalizado.
Tras localizar ao ferido, os bombeiros confirmaron ao 112 o traslado do mesmo na aeronave para trasladar ao ferido ao centro hospitalario de referencia, segundo o 112 Galicia. “Indicaron ademais que axudaran ao equipo sanitario na evacuación, xa que, o home, atopábase nunha pista de difícil acceso”.