Cenlle acollerá mañá, sábado 26 de marzo, o campionato galego de inverno de piragüismo de barcos de equipo (K2 e C2). A competición, que se celebrará nas augas do Miño á altura de Barbantes. Nela están inscritos 400 deportistas pertencentes a trinta clubes galegos diferentes de categoría senior, junior e veterano.
Na presentación da proba estiveron o vicepresidente segundo da Deputación e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo (FGP), Alfredo Bea; o xefe de servizo de Deporte da Xunta en Ourense, Manuel Pérez e o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández.
O campionato de mañá comezará ás 10,30 horas coa saída das canoas masculinas junior e rematará sobre ás 14,00 horas coa disputa da manga dos kayac senior masculino. Os participantes percorrerán 5 quilómetros nun circuíto de tres voltas no contexto do paseo termal de Barbantes-Cenlle.
Este escenario estréase nun evento deste tipo na intención da Deputación de Ourense e da Federación Galega de Piragüismo de “ampliar os escenarios e láminas de auga que se poden usar para celebrar competicións na provincia, acción alineada coa firme aposta da institución provincial por impulsar os deportes náuticos en Ourense”.