EconomíaEconomíaÚltima hora

“Máis que un Mercado” de Allariz trasládase ao interior dos establecementos

A actividade será os días 29 e 30 de agosto, de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h

O evento “Máis que un Mercado” de Allariz adapta a súa celebración á situación sanitaria. Os comerciantes que participan tomaron a decisión de trasladar o evento, que nun principio sería na Alameda, ao interior de cada establecemento. A actividade terá lugar o sábado 29 e domingo 30 de agosto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 21:00h.

A decisión está motivada polo incremento de casos na provincia de Ourense e no resto da comunidade. Dende organización lembran a necesidade de cumprir cos aforos marcados en cada establecemento, a distancia de seguridade e as indicacións de hixiene de cada local.

 

Cartel actualizado. / Foto: cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button