En plena tempada de bullotes vanse sucedendo os magostos, tanto a nivel popular organizados polos Concellos, como particular a cargo de asociacións, outros colectivos e mesmo establecementos hostaleiros.
Neste último apartado se engloba o magosto organizado polo bar O Callejón en Viana do Bolo que reunía a numerosas persoas na tarde-noite do sábado 26 de outubro.
Na festa non faltou unha boa merenda con caldo, bolo preñado, bullotes asados, bica, viño e refrescos, e café; pero tampouco a música, a cargo do grupo de Viana Os Chavalines e Dj Tariro; e por suposto moi bo ambiente.
Fotos: Estela Barone.
28 de Outubro de 2024