CulturaCulturaÚltima hora

O Barco celebra este 11 de outubro o “Día da Muller Rural” no Teatro Lauro Olmo

O programa inclúe a proxección dun documental e unha cata de viños

 

O vindeiro 11 de outubro festexarase no Teatro Lauro Olmo do Barco o Día da Muller Rural, dentro da VI edición do “Ciclo Nacional de cine y Mujeres Rurales”, que pon en marcha o Goberno de España.

Os actos, de entrada libre e que comezarán ás 20h., inclúen a proxección do documental “Una elefanta sobre la tela de una araña” e un coloquio posterior con mulleres valdeorresas de varias xeracións. Como broche da actividade está prevista unha cata de viños. A iniciativa será organizada pola Concellería de Cultura do Concello do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button