DeportesPiraguismoÚltima hora

O barquense Adrián Prada, 4º en K2 sénior no galego de maratón

Ademais o seu barco, que compartía con Joaquín Iglesias, lograba a 12ª posición no campionato de España nesta categoría

Adrián Prada (na parte dianteira do K2), xunto a Joaquín Iglesias no Campionato de España de Maratón en K2 sénior./ Foto: Lois Prada F.

 

Logo da prata en K1 Sub23 acadada na xornada no sábado no Campionato de España de Maratón en Pontevedra, o barquense Adrián Prada Pérez (Club Piragüismo Verducido Pontillón) volvía tomar a saída nesta proba nacional este domingo 8 de maio, pero desta volta na categoría K2 sénior e compartindo barco con Joaquín Iglesias Rodríguez.

O padexeiro valdeorrés acusaba o esforzo do día anterior, tendo en conta ademais que neste caso a distancia da proba era de 30 km con 7 porteos, pero aínda así o seu barco lograba manterse en oitava posición ata a metade do campionato. Finalmente, o seu K-2 entraba en meta en 12ª posición (cunha marca de 1:54:50.91), conseguindo o cuarto posto no campionato galego desta categoría.

 

Os padexeiros do Club Piragüismo Verducido Pontillón, nun dos 7 porteos da proba./ Foto: Lois Prada F.

 

Polo tanto, balance moi positivo nesta fin de semana para Adrián Prada, que é adestrado por Javier Villanueva “Jabucho”, tendo en conta ademais que o segundo posto nacional que lograba en K1 é clasificatorio para o Campionato de Europa de Maratón de Moscú en xullo, o seu vindeiro obxectivo.

 

O barco do piragüista valdeorrés noutro dos momentos da competición./ Foto: Lois Prada F.

Artigos relacionados

Back to top button