OurenseÚltima hora

O estado das masas de auga da demarcación Miño-Sil é “moderamente aceptable”, segundo a confederación

Así se sinalaba nunha xornada divulgativa virtual da CHMS realizada este martes no marco da elaboración do novo plan hidrolóxico

O presidente da CHMS, durante a xornada virtual./ Foto cedida.

 

Na mañá deste martes 7 de abril a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) celebraba unha xornada divulgativa virtual sobre o contido do Esquema Provisional de Temas Importantes da Demarcación coa participación do presidente do organismo, José Antonio Quiroga Díaz, e do xefe da oficia de Planificación Hidrolóxica, Carlos Ruiz del Portal. Este é o segundo fito do terceiro ciclo do proceso de planificación 2021-2027 tras a elaboración dos documentos iniciais (xa finalizados) e base do Novo Plan Hidrolóxico.

Neste encontro virtual sinalábase que actualmente o estado das masas de auga da Demarcación do Miño-Sil (DMS) pode cualificarse como moderadamente aceptable; das 287 masas de agua superficiais existentes, 209 encóntranse en bo estado, un 72,8 %, e o resto non o alcanzan. Das 24 masas de auga subterráneas existentes 23 encóntranse en bo estado e 1 en mal estado (ol aluvial do Louro, debido á contaminación por lindano).

Tamén se expuxo que a DMS caracterízase pola súa alta dispersión poboacional, con 12.065 núcleos de poboación dos que 10.311 teñen menos de 50 habitantes; esta característica xera unha elevada presión sobre as masas de auga debido á extracción do recurso (21.474 puntos) e a presenza de verquidos puntuais con 2899 rexistrados en 2018 dos cales 2432 son de orixe urbana.

Aludía así mesmo á cantidade de obstáculos que presenta esta DHMS na que hai 91 centrais hidroeléctricas, 18 delas de máis de 50 MW e 75 de menos de 50MW. Das 75 grandes presas, 66 están asociadas ao uso hidroeléctrico, o que xera que 59 masas de auga se encontren moi modificadas.

Entre outros asuntos de interese explicouse que o Plan Hidrolóxico Miño-Sil inclúe un programa de medidas (PDM), 278 medidas coas que se alcanzarían os obxectivos medioambientais e un orzamento de 312 mill/€ necesario para poder implementalas. Foron executadas 72 e 43 están en execución neste momento.

 

O xefe da Oficina de Planificación Hidrolóxica da CHMS, durante a súa intervención./ Foto cedida.

 

Esta conferencia virtual celebrada hoxe forma parte do proceso de participación pública “que está permitindo a toda a cidadanía dar a coñecer as súas suxerencias ou propostas a este documento que se encontran en exposición pública”, segundo a confederacion, organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico,

Despois das intervencións, dábase paso a unha parte de preguntas para que os asistentes virtuais (máis de 320 conectados) puidesen plantear dúbidas. Algunhas eran respondidas durante a sesión e outras serano a través do correo da Oficina de Planificación Hidrológica, ao esgotarse o tempo da intervención.

“Estas preguntas son independentes das aportacións que se poida realizar no seo do proceso de consulta pública aberto mediante o Anuncio da Dirección Xeral da Agua, de 23 de xaneiro de 2020 (BOE de 24 de xaneiro de 2020), que se estudarán e responderán ao finalizar o prazo de consulta pública”, segundo a CHMS..

Con estas xornadas preténdese explicar os traballos efectuados e o resultado dos mesmos, co interese de mellorar o coñecemento da conca a través da información relevante que se teña xerado, incluíndo os datos obtidos despois de novos episodios de inundación e a información dos efectos do cambio climático todo iso co interese de minimizar os efectos negativos das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, as infraestruturas, o medio ambiente e o patrimonio cultural.

 

Artigos relacionados

Back to top button