ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

O lume de Pradoalbar (Vilariño de Conso) leva arrasadas 3.500 has e afecta ao Parque Natural do Invernadeiro

Publicidade
Labores de extinción do incendio de Pradoalbar (Vilariño de Conso)./ Foto: @BrifLaza.

 

Imparable esta resultando o incendio forestal que se iniciaba o pasado en Pradoalbar (Vilariño de Conso) e que arestora continúa activo, tras queimar unhas 3.500 hectáreas, segundo os últimos datos provisionais de superficie feitos públicos pola Consellería do Medio Rural.

Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 22 axentes, 57 brigadas, 24 motobombas, 4 pas, 4 avións e 9 helicópteros. Este incendio forestal afecta ao Parque Natural do Invernadeiro.

Imaxes: @BrifLaza.

Artigos relacionados

Back to top button