SanidadeÚltima hora

O novo servizo de nutrición atendía a máis de 16.000 persoas nos 6 meses que leva funcionando na provincia

demáis das consultas individuais desenvolveron unha intensa actividade comunitaria en colexios, asociacións e colectivos de pacientes

 

As trece novas nutricionistas incorporadas en xaneiro á Atención Primaria para incrementar a oferta asistencial dos centros de saúde, chegaron nos seis primeiros meses de servizo na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras a máis de 16.000 persoas, a través de consultas individuais e actuacións comunitarias.

Así, de xaneiro a xuño, as novas profesionais atenderon 9.200 consultas, entre elas 357 comunitarias, mediante as que chegaron a 7.171 persoas, por medio de obradoitos, charlas e consultas grupais, tanto nos centros de saúde como en colexios, centros sociais, asociacións de veciños e asociacións de pacientes.

“Este altísimo volume de intervencións comunitarias converten aos profesionais de Ourense en referentes nesta liña de traballo, centrado na saúde comunitaria, que na nosa área representa entre o 4 e 5% das consultas atendidas”, destacan dende a área sanitaria ourensá.

Achegarse e facer comunidade

Por medio destas consultas comunitarias, as nutricionistas chegan á poboación escolar dos seus centros, ás asociacións de veciños, e ás asociación de pacientes, elaborando as intervencións á medida de cada colectivo, ou tendo en conta as necesidades de saúde detectadas en consulta, promovendo tamén un ambiente que afianza a relación profesional-paciente.

As iniciativas de intervención non deixaron de crecer neste primeiro ano, tanto as propias como aquelas nas que colaboran coas organizadas polo resto de persoal de primaria como o de enfermería, matronas, médicos e hixienistas dentais, para mellorar e manter a saúde, fomentar a prevención ou coidado da enfermidade nos barrios, concellos, colexios ou colectivos de pacientes de cada centro de saúde.

Mostra disto é o amplísimo catálogo de obradoiros impartidos neste período. Nos colexios: “Comendo Cores” que está a achegar o consello nutricional e de hábitos alimenticios saudables a os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria, “Garavanciño come saniño” para nenos de 1º, 2º e 3º de primaria.

Ademais, dos destinados específicamente a poboación escolar, desenvolvéronse sesións e talleres sobre “alimentación na Familia”; específicos para país e nais de nenos en idade pediátrica ou con determinados problemas de saúde, como o trastorno do espectro autista; sobre alimentación de pacientes en risco cardiovascular; en determinadas etapas vitais como a menopausa ou o embarazo; consellos de dieta e alimentación para país e nais; sobre a “fame emocional” ou como afrontar a ansiedade fronte a comida; sobre mitos da alimentación; e por riba de todo de como aprender a comer saudable, como parte esencial da saúde.

Fomento da vida saudable

As novas profesionais integráronse en xaneiro como unha unidade de apoio nutricional para o equipo de atención primaria, contribuíndo a mellorar a atención ás persoas que padecen diabete, hipertensión, insuficiencia renal crónica e dislipemia. Ampliando progresivamente o seu eido de traballo á atención de pacientes con alerxias e intolerancias alimentarias, patoloxías dixestivas, obesidade e problemas de alimentación no embarazo.

Igualmente, no que vai de ano, ampliáronse os profesionais que poden derivar pacientes ás súas consultas, pasando do persoal médico de familia, pediatría e enfermeiros, co que comezaron, a tamén o de odontoloxía e matronas. Esta coordinación entre profesionais está a piques de crecer en Ourense, coa apertura, antes de fin de ano, dunha liña directa de derivación entre o Servizo de Endocrinoloxía e os nutricionistas de referencia en cada servizo de primaria.

Outro fito importante neste sistema de traballo chegou este coa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia da “Estratexia Galega de Saúde Comunitaria en Atención Primaria 2023-2027” o que supón un gran estímulo á atención comunitaria, na que se contempla, por exemplo, a elaboración dun protocolo para “prescrición” de activos comunitarios, a elaboración do programa galego de saúde escolar e o programa galego de prevención da fraxilidade, nos que xa se está a traballar desde Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button