PolíticaÚltima hora

O PP de Vilamartín pide que o Concello adquira o terreo situado fronte aos adosados da rúa Constitución

O edil popular José Pinto vén de presentar unha moción na que indica que, dada a súa ubicación, "sería moi necesario que o municipio puidera contar con este espazo público para uso e desfrute dos veciños"

Imaxe do terreo situado fronte aos adosados na rúa Constitución.

 

José Pinto, concelleiro do PP de Vilamartín de Valdeorras, vén presentar no rexistro deste Concello unha moción para o vindeiro pleno ordinario da Corporación municipal sobre o terreo que está situado fronte aos adosados da rúa Constitución desta vila.

O que o edil popular plantexa na moción e que o Concello de Vilamartín inicie as “negociacións necesarias para que adquirir dito terreo, que a día de hoxe á propiedade do Sareb, para un espazo público”.

José Pinto indica na moción que, dada a súa ubicación, “sería moi necesario que o Concello puidera contar con ese espazo público para uso e desfrute dos veciños. Despois de ter mantido algunha conversa con esta alcaldía referente a este terreo, e ao non ter ningunha resposta ao respecto, presento esta moción”.

Artigos relacionados

Back to top button