Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

O PP do Bolo presenta a súa candidatura ás municipais, encabezada por Antonio López

 

O PP do Bolo vén de presentar a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais. Trátase dun equipo que abre á porta a novas incorporacións, pero no que tamén hai experiencia en política. “Imos moi ilusionados porque temos moitos proxectos e tamén o convencemento de que, se logramos o apoio masivo, imos poder facer moitas cousas polo Bolo”, asegura o seu cabeza de lista, Antonio López Sánchez.

Así mesmo o candidato á alcaldía do Bolo polo PP resalta que esta lista “é a máis coherente de todas as que se presentan as eleccións no municipio. Está formada por xente traballadora, que mira polo pobo, que aporta ideas renovadas e pensamos ser os mellores herdeiros da política do Bolo incorporando proxectos do século XXI e mirando cara as novas tecnoloxías”, afirma.

CANDIDATURA DO PP DO BOLO PRESENTADA POLO SEU CABEZA DE LISTA

 

 

1º – ANTONIO LÓPEZ SÁNCHEZ:

“A min coñéceme todo O Bolo, son “o dos números” do noso centro de saúde e creei e levo a Protección Civil do concello. E a segunda vez que me presento con este partido nos comicios municipais, aínda que a anterior tiven que deixalo o pouco tempo por motivos familiares. Preséntome nesta candidatura coa ilusión de levar este concello ao mais alto do seu ser. Levo un equipo comigo que a súa xenerosidade, honestidade, lealdade, profesionalidade e de capacidade de compromiso non me deixan lugar a dubida de que faremos deste concello un lugar con un futuro prometedor. Quero facer un espazo de encontro, de proximidade e de intercambio de ideas, onde todos seremos benvidos, sendo unha institución aberta ao cidadán”.

2º – JOSÉ VEGA MARTINEZ:

“Pepe de Lentellais, Pepe Lanicas, Pepe carniceiro, Pepe das Ermitas ou Pepe do Santuario. Outro que todo o concello, limitrofes e parte do extranxeiro coñece a este home. Traballador incansable, con experiencia política neste concello onde xa estivo de concelleiro e presentase neste equipo coa determinación de levar o traballo diario. Non hai naide que poida falar mal del”.

3º – LORENA CARRACEDO RODRIGUEZ:

“A “grande” do grupo. A súa mocidade non e incompatible coa súa experiencia laboral. Con estudios en administración e finanzas e asesoramento financeiro é unha entusiasta do concello, das súas costumes e tradicións. Non pode haber mellor persoa para acompañarnos nesta nova etapa do concello. Participe de diversas actividades cos nenos do concello e no voluntariado activo, tamén moi coñecida tanto polo seu traballo como pola súa familia. Aporta ó equipo a frescura e ganas necesaria para levar a cabo proxectos con ideas novas, tendo en conta as necesidades da xuventude e dos máis pequenos”.

4º – MANUEL BLANCO SALGADO:

“Manolo de Buxán. Tamén ten experiencia política, pois xa acompañou ao partido en etapas anteriores. Traballador das viñas, encargado de un equipo, agora xa xubilado, atopase con forzas para loitar pola idiosincrasia dos pobos. Leva o folión na súa alma. Non poderíamos ter mellor representante dos pobos, do folión de Buxán e da viticultura do concello”.

5º – MANUEL PRIETO DE AZEVEDO:

“Manu Taxista. Polifacético veciño, bo representante tamén de protección civil, é coñecido pola maioría dos cidadáns do concello polo seu ben quefacer a hora de acompañar aos maiores dos pobos nos seus viaxes. Coñece de primeira man cada recuncho e necesidades de cada pobo”.

6ª – MARIA JOSE RÚA VAZQUEZ:

“Veciña de Fornelos e extraballadora da residencia, coñece a perfección os problemas dos nosos maiores. Agora xubilada, dedicará tempo a sua vocación: coidar e solventar as necesidades que poidan ter as persoas maiores do concello”.

7º – JOSÉ ALONSO FERNÁNDEZ:

“Outra persoa ben coñecida no concello. Traballador na agricultura, chega a este proxecto coa ilusión de mellorar a calidade de vida no concello e darlle o valor que ten a actividade da agricultura como a da ganadería”.

R1 – MANUEL FERNÁNDEZ CASTRO:

“De Celeirós, pedáneo, veuse de Barcelona ao rematar a súa vida laboral, e bo coñecedor dos problemas dos distintos núcleos do concello. Incorporase neste grupo para axudarnos a mellorar a calidade de vida dos nosos conveciños”.

R2 – MATILDE DOMÍNGUEZ VEGA:

“Boa coñecedora de toda a xente do concello e tamén con traxecto longo en política. Aportará a experiencia e comisura a este proxecto”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button