CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O valdeorrés Chere e os seus alumnos, entre os participantes na homenaxe á pintora Lita Cabellut

Este evento, que tiña lugar en Cambados, permitía a escolares de diferentes centros do Salnés participar nun proxecto coa creadora española máis cotizada a nivel internacional
O valdeorrés Chere coa pintora Lita Cabellut.

Batalla de pintura con pistolas de agua, recheas de cor, para dar vida e cromatismo a multitude de flores. Alumnos de diferentes centros do Salnés (Pontevedra), sumábanse deste xeito á homenaxe que os concellos desta zona lle tributaban a finais de maio en Cambados a Lita Cabellut, considerada nestes momentos a pintora española máis cotizada a nivel internacional.

 

Chere, xunto a outros profesores e á creadora na homenaxe que se lle tributaba en Cambados a finais de maio.

Entre os participantes estaba o profesor valdeorrés Gerardo Rodríguez “Chere”, quen acudía cuns 60 alumnos do IES cambadés Francisco Asorey e con outros compañeiros profesores. “Foi todo un luxo facer esta perfomance con Lita Cabellet. Escolleuse a temática das flores porque lle encantan. Ela acostuma vestir de negro e cunha flor no pelo. Por iso nós tamén para esta actividade acudimos todos vestidos de negro”, explica este profesor e tamén pintor barquense.

Ademais comenta que está previsto que esta pintora regrese a Galicia no outono para presentar unha exposición súa na Coruña.

Fotos cedidas por Chere.

Artigos relacionados

Back to top button