A RúaConcellosÚltima hora

O XXVIII Magosto da Rúa será este sábado 2 de novembro

O 31 de outubro e o 1 de novembro celebrarase o Samaín con 'Túnel do Terror na Estación'

Asistentes ao magosto da Rúa o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Unha semana antes que o ano pasado se celebrará o magosto do Concello da Rúa. Será este sábado 2 de novembro a partir das 20 horas coma sempre na Estación de Autobuses.

Para asistir á XXVIII edición desta tradicional festa o custo da entrada mantense nos 5 euros tendo opción a degustar bullotes asados, bolo preñado, empanada, bica, auga e viño.

Samaín A Rúa

Uns días antes, o 31 de outubro e o 1 de novembro, terá lugar a celebración do Samaín cun túnel do terror na Estación.  Haberá unha “carpa terrorífica” na rúa Doutor Vila e dúas sesións en quendas de 20 minutos aproximadamante con grupos reducidos: de 17:30 a 19 será a tranquila e de 19:30 a 21:30 para “emocións máis fortes”.

 

Artigos relacionados

Back to top button