PolíticaÚltima hora

Os deputados Luís Villares e Davide Rodríguez (En Marea) reúnense coa plataforma do Castelo de Monterrei

O deputado autonómico Davide Rodríguez (segundo pola esquerda) e Luís Villares, durante o encontro coa plataforma en defensa do castelo de Monterrei.
O deputado autonómico Davide Rodríguez (segundo pola esquerda) e Luís Villares, durante o encontro coa plataforma en defensa do castelo de Monterrei.

Ao pé do castelo de Monterrei, o portavoz de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares, e o deputado Davide Rodríguez, de Manzaneda, mantiñan unha xuntanza no mediodía do 5 de novembro coa plataforma creada para a defensa deste conxunto patrimonial. “Xuntámonos hoxe para avaliar cal é o resultado de todo o traballo que estiveron facendo os veciños de Monterrei con relación ao seu castelo”, comentaba Villares ao fin do encontro.

Tamén lembraba Villares que esta fortaleza era cedida no 2009 “exclusivamente con fins culturais e de promoción da comarca”, pero que iso viuse trastocado ao decidir á Xunta destinalo a un fin hoteleiro. Ante isto os veciños decidiron levar o tema aos tribunais, nos que se viu “o carácter ilegal desta obra. Ese é o primeiro paso para unha devolución do conxunto arquitectónico para os fins para os que foi concebido: a promoción da comarca”.

Artigos relacionados

Back to top button