OurenseÚltima hora

Os empresarios do Polígono de San Cibrao e Marisol Díaz reúnense para trazar liñas de cooperación

A delegada da Xunta en Ourense trasladoulle ao presidente dos empresarios do polígono, Elías Mera, a aposta do Goberno galego para fomentar a actividade nesta zona industrial
Elías Mera e Marisol Díaz durante a reunión no Polígono de San Cibrao.

A xunta directiva da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao reuniuse coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Entre eses membros da xunta directiva estaba o presidente da Asociación, Elías Mera.

No encontro, os empresarios trasladaron á máxima representante da Xunta na provincia as súas demandas e xuntos analizaron as liñas de cooperación para favorecer a actividade empresarial. Elías Mera trasladoulle a Díaz Mouteira a “aposta pola formación”, que se traduce no alto índice de inserción laboral acadado polos alumnos dos cursos organizados pola Asociación de Empresarios deste polígono industrial.

Pola súa banda, a delegada territorial trasladoulle a Mera a aposta do Goberno galego por mellorar e potenciar este área industrial, creada en 1965, que conta con case 4 millóns de metros cadrados de superficie nas que están instaladas máis de 300 empresas que dan emprego a 8.000 persoas, configurando o ámbito de actividade empresarial máis importante da provincia.

Neste senso, Marisol Díaz Mouteira ofreceulle a Elías Mera diálogo e colaboración da Xunta para traballar de xeito coordinado e así continuar a impulsar o investimento empresarial, a competitividade e a creación de emprego. A máxima representante da Xunta na provincia lembrou que, ano tras ano, “a Consellería de Economía, Emprego e Industria activa diferentes liñas de innovación, así como a mellora da competitividade e a internacionalización do tecido empresarial galego, entre os seus principais obxectivos”.

Na xuntanza, a Delegada lembrou tamén as actuacións da Xunta de Galicia nese polígono, co fin de convertelo en polo de atracción de novos investimentos na provincia e en toda Galicia. Neste sentido, Díaz Mouteira referiuse á aprobación, no último Consello da Xunta do ano pasado, do proxecto de decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto e trazado, e o estudo de impacto ambiental, das obras da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no treito A-52 – N-525, nos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela.

Artigos relacionados

Back to top button